Opinión

Maristas: Onde te leve o corazón

Nos ollos de cada neno sempre hai unha pregunta e tamén no mesmo neno unha resposta. Alimentar a curiosidade e o saber para que se siga preguntando e que saiba respostala é a tarefa de quen cada día lle segue os pasos: pais, nais, educadores, mestres... os nosos nenos sempre son o noso mellor refuxio, o que nos salva dos tentáculos deste mundo que nos revolve, convulsivo, e que non leva o mesmo ritmo có do noso corazón. Neles, pequeniños, aínda todo é posible, sempre existe nese presente de olliños espertos e fronte limpa, a posibilidade de escribir o futuro que desexamos conseguir, ese futuro que fale do home de ben e non daquel individuo que violenta e horroriza, ese futuro que estea máis á nosa medida. ¡Sagrada armonía non nos falles! ¡Qué nos nenos está a esperanza! A misión ou labor dos educadores pais e mestres é máis necesaria ca nunca, fundamental, imprescindible. Os ‘ben educados’ serán, moi pronto, unha nova clase social, asegúrollo, e nesa tarefa teñen cada día un posto de honor eses homes e mulleres, ese ser que camiña sen descanso alí a ‘onde te leve o corazón’. Elixo esta fermosa frase que define o sentimento e a liña espiritual dos ‘Hermanos Maristas’, a quen aproveito dende este diario para felicitalos nos seus 100 anos de historia e nos 50 que nos acompañan nesta cidade.


Centro que formou a moitos ourensanos/as e que segue vivamente comprometida cos nenos e coa súa preparación para a vida. Actualmente dirixido por don Alfredo quen, ademáis de outras virtudes -entre elas a de saber escoitar- destaca polo seu grande interese á hora de apostar polo teatro como actividade artística sumamente enriquecedora para o desenrolo do alumno.


Noraboa a todos, e a seguir gañando o voso ‘Cesta y puntos’ que é o cada día cos nenos. Eles meréceno todo, pois sabedes ben que son ‘o tesouro de cada casa’.


Te puede interesar