Opinión

Muller

Hoxe é o teu día, muller traballadora -como o é sempre-, pero xa sabes -entre ti e eu- hoxe falarase de tí e do que fas, valorarase en alta voz eso que ti cada día fas en silencio. ¡Boeno, está ben! ‘os rituais son necesarios’, dicía o Principiño.


De tódolos xeitos, non se dirá nada que ti non saibas, nada que ti non entregues como un premio diario para aqueles que te conviven. Por eso, muller, sabes que te adicas cinco veces máis ca eles no traballo da casa, que terás que demostrar moitas máis cousas ca eles para dirixir algún proxecto, e se es nai, sabes que tiveches o maior papel protagonista da túa vida cando creaches poro a poro, órgano a órgano, célula a célula, a eses teus fillos queridos. Sabes que as túas molestias, ou dores de espalda, de circulación durante o embarazo caláchelos e mordíchelos para non enturbiar a ilusión marabillosa de ser doadora de vida. Esa é a túa maior grandeza, esa túa fortaleza-sensible, tan propia das femias, e a que eu sempre lle canto.


Porque aprendiches a ser leona que defende maxestuosa á súa prole, loba que limita o territorio familiar, e tamén pomba que empurra dende unha prudencial altura ás súas crías para que dunha vez aprendan a voar.


E por se fixeras pouco, aínda buscas ser para el equilibrio, fiel balanza que o ensalxe e o anime, que o manteña coa luz acendida neses ollos que sempre queres mirar.


E coidas dos avós, ou das tías solteiras, do canciño -que se empeña en ter o rapaz, que se non cambia vai ser un Félix Rodríguez de la Fuente- e aínda lle botas auga á semente que a nena che trouxo do cole como experimento para comprobar como xerminan as plantas.


E desexas cada día: Bos días. E alegras con aquel teu: ¡Sorte amigo!, e abrazas, e dás bicos, e ris, enchendo o cosmos de estreliñas e fadas, e esparces amor en cada cousa que fas, que tocas, que aderezas co teu aire. Única.


Muller, nai de tódolos seres do mundo, muller que coma a boa terra nunca te sacias de dar. Pedra preciosa dende o principio dos tempos.


Te puede interesar