Opinión

Namorados da vida

A tí que levas contigo esa música que te fai único e especial. Que tés defectos e sábelo, que es consciente de que o viño mellora no tempo baixo as sabias lúas. A ti que sabes esperar e tamén te impacientas, que es complexo e sinxelo (non simple), que es humilde no moito e grande no pouco: gran de semente que se abraza á terra. A ti que sabes escoitar a alma que che late e o neno que che canta (os nenos son un canto celestial), que contemplas en silencio a árbore que reza alzando as ramas ó ceo. A ti que sabes lanzar a caricia quente da túa voz aínda que chova ou neve, que trone ou escaparele...


A ti, home e muller que me les, que me segues a senda das liñas unha a unha e buscas no palpitar das letras a esencia do corazón que fala. A ti, paxariño ó que lle gusta anunciar primaveras, que amas e es amado, que en San Valentín recordas, nostálxico, a aquela primeira mirada que te namorou e que abriu o teu peito para sempre producindo en tí o milagre do amor, sanándote. Namorado da vida e da ilusión, este poema a ti.



Te puede interesar