Opinión

O noso Camiño de Santiago

Se trazas un camiño ata as estrelas, alá estará o teu soño mirándote fiel, se camiñas monte adentro, sen deterte, non importando que chova ou faga sol, é porque a decisión xa é máis grande ca ti, e por ela queres ser vencido. Se o Santo Apóstolo é o teu líder, ou o é o ceo de Compostela, ou a porta que abre a gran Catedral saberás que xa no Monte do Gozo hai algo para ti, eso que se agochaba no máis íntimo do teu corazón. Se chegas alí, ó teu destino, onde te espera quen máis queres -que es ti mesmo- e cruzas a Quintana sen chorar...


Se lembras o camiño, o suor, a soedade, a ilusión por chegar, a quen te acompañou e a quen despediches no traxecto, se aceptas que todo é diverso e especial, único e irrepetible, e que atoparte contigo -mirándote ós ollos sen nada que reprochar-, é un bálsamo de incalculable valor, entón, cruzaches tódolos Roncesvalles, atravesaches todos os cebreiros e chegaches ó campo onde nacen todas as estrelas. Estarás abrazando a Santiago despois de percorrer o máis lindo camiño, ese que te eleva ó espacio interior. E recorda: para chegar ali nin sequera foi necesario dar o primeiro paso. Estaba en ti.



Te puede interesar