Opinión

Queridos Reis Magos

Neste ano novo que ven hacia nós quixera que me trouxerades once cestas de saúde, cen grauciños de esperanza e outros tantos de fe na vida, dous saquitos de boas intencións, e se pode ser tamén sete ou oito centos de sorrisos e ilusións. Prométolles, maxestades, que os sementarei tan pronto como cheguen ó meu poder, ou sexa que o día seis xa estarán gozando do sabor da terra fértil e de lentura sen par, que é a terra galega, que non é Galilea, meus queridos señores, pero no seu carácter máxico asemellánse.


Maxestades, solicito estas esencias así a granel, porque da sementeira e recollida heime encargar eu e a xentiña que teño de ben ó meu arredor, que é moita e moi amable, así que xa verán as vosas mercedes, como estes grans darán o seu froito moi pronto e terenos de regalo xente que cre en si mesma e é feliz. Tamén quixera un barco de rescate para recuperar algúns valores que non queremos que se nos perdan, nin que se afundan no mar do esquecemento. E como sei que ás súas maxestades non lle gusta nada que os maiores nos contaminen coa súa tristura e apatía, pídolles que lles perdoen que non o volven facer, ¡¡xa verán!! que estas fechas son ilusión e entusiasmo, alegría e canción, posto que así é a alma dos nenos. Nós, os máis pequenos, soamente sabemos que podemos contar coa súa maxia, maxestades, porque para a infancia o Nadal é sagrado, e a música das panxoliñas un ritual necesario. A música debe encher as rúas para aderezar o noso corazón. Así que con megafonía ou sen ela habemos cantar os reis do kikiriki... E como fun unha nena boíña e ben mandada, como compartín cos demáis e amei ós meus semllantes... ¿Qué lles parece maxestades se me mandan unha cintiña de raso encarnada para poñer no pelo? E se non lles queda raso e me queren regalar uns cantos fíos de ouro para poñer de diadema..., ¡como decidan vostedes, meus reiciños! Un bico moi forte da súa neniña de sempre que os quere moito ós tres.


Te puede interesar