Opinión

De teatro

Que chova ou que neve teatro na rúa... que por este teatro do mundo sabemos distinguir o bo do malo, e doce do amargo, por eso unha bágoa dos teus ollos pode ser unha canción de amor e o sorriso forzado da túa boca pode falar de tristura.


¡Xa ves, meu amigo, cuestión de matices! Pero sempre o teatro na copla da vida coa súa expresión xestual e corporal, a creatividade a escena.


Que se levante o telón e apareza o rei e a raíña sendo servos do seu status, e que o criado leve a riqueza peito adentro, regalando alegría e bo humor. Que os políticos sexan o sentir do seu pobo, e que o pobo se faga sentir nos seus políticos. O tráxico de telo todo e saber que nin ti mesmo te pertences, o cómico de observar que corres nesta carreira sen freo de vivir para chegar a ese mesmo sitio do que parece que queres escapar. ¡Quen te entende! O contraste. A paradoxa.


O rictos hacia arriba ou hacia abaixo, cabeza gacha ou erguida, aí está a cuestión ¡todo teatro! Noraboa ó director da Miteu, Fernando Dacosta, polo empeño e enerxía que pon para que esto funcione.


Que xa chegan os actores do gran teatro do mundo, e por primeira vez os pobres e os ricos falan do mesmo. A crise económica, e tamén coinciden o cura e o filósofo que falan da crise de valores ¿traxicomedia? Sigamos atentos a este espectáculo burlón ou resignado, a ese decorado de fe ou dúbida, a este universo de bambalinas e de vestiario colorista que nos concede un aire máxico. Non perdas o fío da trama que promete aventuras e reflexións... que eu en canto se apaguen as luces e se esparza o máxico aleteo das sombras sobre nós, vouche roubar un bico rico e xoguetón e direiche que te quero, meu amor. ¡Acción!

Te puede interesar