Opinión

O teu nadal

Neste nadal que xa nos chegou á casa volvemos a recuperar as panxoliñas de sempre e a nadaliña que nos nace da alma. Os nosos nenos volven ser o mesmo Xesusiño, nós, os humildes pastores que soñan cun Belén amable para os nosos, o canciño parécenos que respira igual de armonioso e atento coma a mula e o boi que quentaban ó neno, e en todos os avós vemos o neno perdido que un día seremos... Porque o Nadal ten moito de nostalxia e de poesía, ten moito de boas intencións, ten moito de ansia e de guía.


Parécenos que neva sobre nós unha neve tan branca coma quente, parece que soa unha interminable canción que emite esperanza e nos fai chegar a aquel portal imaxinario que cada un de nós construiu a partir da voz melancólica da mamá. Por eso cada quen ten o seu nadal, á súa imaxe e semellanza, coas cores que o pincel do seu sentimento quixo plasmar.


Aí radica á súa singular grandeza que despois se vai mesturar coa singular grandeza de todos os demáis. Así que cada un, a transmitir o propio, sentíndose orgulloso del, feliz e liberado, procurando deixar nun estadio ben alto aquello que ninguén lle puido transmitir mellor, coa mellor tinta que era esa palabra máxica de quen tanto nos quere, aderezado co seu amor maternal, único e irrepetible, coa súa pócima celestial que nos encheu coa luz da estreliña de oriente para sempre. Dulcifica a atmósfera co teu nadal particular, para que non se escoite o arrítmico voo dos paxaros que non saben cantar, nin soñar. Precisamos a gracia da túa voz lanzando ó vento ese rezo de todos que un ano máis desexa felicidade.


Te puede interesar