Opinión

Volta o cole

Outro ano máis empezas o cole, meu neno lindo, cheo de ilusión. Nesta tavesía os teus compañeiros serán os teus compinches, cos que aprenderás que no xogo xa se ven as cualidades e valores do leal amigo: a bondade, a comprensión a dozura, o compartir, o traballo en equipo, a unión que fai a forza, o entusiasmo.


Comeza de novo a gran aventura, de descifrar o código segredo das letras e os números, esas máxicas criaturas que rondan na túa mente creativa e coas que vas formar comopsicións que son frases, expresios, viva voz, pensamento... E descubrirás que son a porta grande que leva ó saber, a satisfaccion, a cultura.


Por eso deberás notar nelas o pulso, o seu latir, o ritmo, a música, da vida, a canción que levan dentro, esa que soa igual co teu piar de paxariño, o máis lindo paxario soñador, cantareiro, e feliz. Aprender é disfrutar, é descubrir o tesouro que nos fai libres.


Déixate levar, meu ben; o mar está en calma, o ceo claro, o tempo é propicio, garnde a ilusión, as estrelas lanzanche brillos, e levas un bico na túa cariña rosada, además a capitana que te guía é mestra de ventos e saberá guiarvos a bo porto. Feliz viaxe, meu amor.



Te puede interesar