Opinión

As rúas teñen trampas

Mellorar a circulación no casco urbán do Carballiño non é tarefa fácil. Foron xa varios concelleiros os que o intentaron e xa sexa polas protestas veciñais ou porque finalmente non se atreveron, o caso é que se produxeron poucos cambios, salvo a peatonalización da rúa Perfectino Vieitez e da Praza da Mina, ademais das líneas amarelas de prohibido aparcar que traen de cabeza ós conductores pola falta de espazo. Neste intre estase acometendo a dotación de pasos de cebra elevados. Xa fai unhos días que empezaron as obras, pero os que xa están máis ou menos rematados non foron pintados, así que son moitos os conductores que non os ven, sobre todo se é de noite, e xa van unhos cuantos que se pegaron un bo golpe contra iles. Nese senso, chegáronme comentarios de que estudian a posibilidade de denunciar ben sexa o Concello ou a empresa por non sinalizar os pasos. Por outra banda, o actual concelleiro de Tráfico anunciou a próxima presentación dun plan de regulamento da circulación para o pobo que esperemos que solucione os dous problemas fundamentais: a falta de visibilidade nos cruces e a ausencia de aparcadoiros.

Te puede interesar