Opinión

Indiana Jones xubílase

Indiana Jones
photo_camera Indiana Jones

Un dos filmes mainstream máis esperado do verán acaba de chegar á gran pantalla. Indiana Jones y el dial del destino é a película número cinco, a última da franquicia creada por George Lucas, Philip Kaufman e Steven Spielberg alá polo 1973. Ademais das longametraxes, unhas cantas películas de animación e unha serie de televisión, La aventuras del joven Indiana Jones, mantiveron moi presente durante catro décadas o personaxe interpretado por Harrison Ford. Pero esta última entrega soa a despedida. En Indiana Jones y el dial del destino, o noso protagonista xusto despois de xubilarse como profesor de arqueoloxía, vive a súa última aventura: intenta recuperar a Anticitera, un artefacto creado por Arquímedes de Siracusa. Uns inimigos históricos, os nazis, queren servirse del para viaxar a través do tempo e cambiar o rumbo da historia.

O director da película é James Mangold, un cineasta hollywoodense cun certo gusto formal e que recordarase sobre todo polo biopic sobre Johnny Cash e June Carter e o remake El tren de las 3:10. Non aporta moita novidade dentro da saga, tanto a nivel argumental como formal. Limítase a confeccionar unha homenaxe –ben feita, iso si– á saga do Dr. Jones con todos os elementos que a compoñen. A partir dos icónicos complementos da indumentaria do protagonista: o chapeau fedora creado por Herbert Johnson, a chaqueta de coro arriba dunha camisa safari, o revólver e o inseparable látego.

Quizais Mangold tomouse demasiado en serio a súa tarefa, ou foi o exceso de respeto facía o personaxe que impediulle xogar máis co humor, outra das características distintivas da franquicia. Indiana Jones sempre foi un heroe imperfecto, carente de superpoderes, as veces patoso, e as primeiras tres películas da saga foron un exemplo perfecto de cine de aventura misturado á comedia. 

Nesta última entrega algo de humor está presente pero en liña xeral escasea. En Indiana Jones y el dial del destino o foco ponse sobre o paso do tempo e a vellez do protagonista. E as sensacións que mais se perciben son a decadencia e nostalxia. Despois dun íncipit de pura acción onde atopamos un Harrison Ford rexuvenecido dixitalmente –un experimento xa levado a cabo por Scorsese en El Irlandés– nas seguintes escenas vemos ao mesmo personaxe xa maior, cheo de achaques, desilusionado e gruñón. En todo o resto da película o protagonista recuperará de forma errática a enerxía da súa xuventude –incluso demostrará ter uns reflexos poderosos para manobrar calquera vehículo– pero esa sensación de declive é unha constante. Harrison Ford é unha icona a priori, só por velo outra vez no papel de Jones vale o custe da entrada. Esta vez acompáñao a actriz de Fleabag, Phoebe Waller-Bridge, o actor Mads Mikkelsen que interpreta moi correctamente un malvado clásico, e Antonio Banderas no simpático papel do ‘mellor home ra de España’. E hai un cameo de Karen Allen que deixará un bo sabor de boca sobre todo aos fans de En busca de la arca perdida (1981). O filme de Mangold é unha película correcta, agradable, quizais demasiado longa, que vale como unha homenaxe nostálxica as aventuras dun personaxe que fixo a historia do cine de entretemento e ao actor, xa maior, que o interpretou.

Te puede interesar