Opinión

A DÉBEDA E O MITO DA CAVERNA

Olibro VII da República de Platón (514 a.C. - 516 a.C.) arrinca coa descripción dunha particular estampa. Dunha banda, situa unha chea de presos que habitan unha caverna soterrada, encadeados dende cativos, e polo tanto inmóbiles, fronte ao fondo de tan decadente estancia. Ás súas costas, nun plano máis elevado, anterior á saída e -polo tanto- á entrada de luz natural, sitúa o filósofo unha fogueira acesa. E, finalmente, entre o lume e os encadeados, un camiño máis alto cá eles polo que transitan unha morea de homes que portan toda clase de obxectos. A altura dun pequeno muro que separa aos primeiros dos segundos fai posible que sobre o fondo se proxecten distorsionadas e sobredimensionadas as sombras dos obxectos, mais nunca as dos individuos. Carentes doutra percepción, aqueles presos adoitan considerar como representativas da realidade que supoñen exterior as sombras que ven sobre o fondo e o eco, sesgado, das voces que escoitan.


Co mito da caverna, sen dúbida o máis importante e coñecido de Platón, este autor clásico pretendía ilustrar, de xeito alegórico, a distancia que separa aos homes, metafóricamente encadeados, do verdadeiro coñecemento. E explicar a súa teoría de como co coñecemento pode o home captar a existencia de dous mundos complementarios, pero ben diferenciados: o mundo do sensible, percibido a través dos sentidos; e o mundo do intelixible, achegable mediante o emprego da razón.


Nesta liña, a sociedade española levaba preto dunha década entretida coas imaxes que a chama da 'democratización do crédito' e das bondades da pertenza ao euro viñan proxectando sobre un fondo de opulencia e prosperidade, tanto pública como privada. Bondades truncadas por unha crise de duración e dimensións imprevistas, cuxa severidade vén de amosar que a verdadeira realidade non se atopa, como nalgún tempo chegamos a pensar, na caverna inmobiliaria. Cómpre saír da cova e convencer a quen nos outorga crédito e capacidade de endebedamento do salto á modernidade. Porque agora son os investidores os que cren polo que nós proxectamos.

Te puede interesar