Opinión

Os ‘anti’

Anti é un prefixo que siñifica oposición, contrariedade ou discordancia co termo ó que esté incorporado, p.ex., antidemocracia=en contra da democracia. O seu contrario é o prefixo ‘pro’, que siñifica ‘a prol’/’a favor de’. Ex. pro vida=a favor da vida. Casi todo o que esiste ten potencialidade pra aplicación de calquera dos dous sensos.


Normalmente, o ‘anti’ ten unha connotación negativa io ‘pro’ positiva. É unha obviedade que tódolos humanos pasamos a vida nun maniqueísmo constante, ou sexa, adxetivando co ‘anti’ e co ‘pro’ a todo aquelo co que nos relacionamos dalgún xeito. Mais, hai certos casos en que, pola importancia que poden acadar, son dinos de suliñar. P.ex., o dos ‘forofos’ deportivos.


Normalmente, o segidor ou ‘hincha’ dun equio é ‘pro’ do seu e ‘anti’ de todolos demais. Cando un equipo tén unha rivalidade con outro, e que escede do normal, trae coma consecoencia, na maioría dos casos, a conversión dos ‘hinchas’ contrarios en inimigos persoales io desexo de todolos males ó equipo contrario e mailos seus segidores. Celébrase con gran ledicia o infortunio do contrario e alédanse de que teña moitos eivados, sobor de todo si son os millores xogadores pra poder ganarlle mais doadamente.


Hai dous ditos, aparentemente antitéticos, que coinciden no resultado. Un di que a categoría dun home, ou dun grupo, ven dada pola valía dos amigos que tén. O outro, pola contra, di que vén dada pola categoría dos seus inmigos. Calquera dos dous pode valer. De onde se deduce que a gloria vén de ganarlle a rivales de mérito e con tódolos seus efeutivos en liza.


A fala de educación cívico-deportiva fai que os fanáticos segidores dun club desexen o mal do contrario, aínda a costa de devecerse iles. É coma sacar un ollo pra que ó outro lle saquen os dous.


Hai outros ‘anti’, como poden ser os da política, que, unha vez enrolados nun partido político calquera, son ‘anti’ os outros todos e, sobor de todo, os de ideoloxía oposta e que, no noso país e pro mor da mala educación cívica e dos pulos atávicos, convírtennos igoalmente en inimigos persoales. Bótase bén de ver, en cada mitin televisado, unha chea de rapaces novos, por tras dos mitineros, que non teñen a idade suficiente pra ter opiniós políticas propias tan enraizadas, firmes e contrastadas, froito dun análisis profundo e persoal que soio dá a esperencia. Coido que son ideas, con un certo tufo fundamentalista adquerido no medio en que se desenvolven, nunhos casos pro unha lóxica influencia do medio, ien outros por unha educación doutrinaria e proselitista.


Outro caso semellante é o que se dá no eido da relixión. Tan semellante que non precisa de meterse nise xardín, Pode que, niste eido, fose bó trocar a educación da cidadanía por unha historia das relixiós e un tratado de urbanidade.


O único antídoto pra ceibar á xente de fanatismos varios é unha boa educación aséptica e rigorosa. No plano ideal, o rapaz debería ser educado por unhos pais ben educados e instruídos e formados polos mestres, e non soio no eido puramente inteleutual si non tamen na educación e formación do caráuter e da capacidade de discernimento. Iste é o xeito de poder diferenciar os cárregos, ias súas funciós, das persoas que os ostentan. De non convirtir ós rivales en inimigos persoales e, polo tanto, poder buscar puntos dacordo comús nas lóxicas discrepancias.


Certamente, sería unha boa nova que os políticos puxesen en obra iste principio e si, iles mesmos, se sentaran a falar como xente educada, e non ‘anti’, das normas e dos temas que atinxen ó goberno do Estado. Mais, moito me temo que o plan educativo que padecemos vai mais na direución de facer ‘antis’ que ‘pros’. Éo que hai.



Te puede interesar