Videos Ourense

O PSOE de Ourense pide rebaixar a peaxe da autopista entre Santiago e Ourense

O PSdeG-PSOE de Ourense defenderá no pleno da Deputación provincial, unha iniciativa para que se rebaixen as peaxes da autoestrada AP-53 que une Santiago e Ourense. Na actualidade é unha das estradas máis caras do Estado, situándose no podio do custe por quilómetro e, ademais, tamén é unha das poucas que non conta con ningún tipo de desconto.