Videos Ourense

As traballadoras do Concello do Carballiño homenaxean a Rosalía

Guadalupe Sobrado, concelleira de benestar social, igualdade, sanidade, educación e normalización lingüística, homenaxea xunto coas traballadoras dos distintos departamentos do Concello do Carballiño, a Rosalía de Castro. Fano recitando un poema de Cantares Gallegos.

Ademais, estase traballando na elaboración dun mural dedicado á escritora que se colocará nun lugar visible do pobo e que non se puido facer antes por mor do tempo e da dificultade en atopar o lugar adecuado.