As mulleres de Riós, protagonistas nun documental sobre igualdade

Riós (1)
photo_camera Presentación do documental este venres.
A peza xorde do obradoiro "Cree, crea, crece" do CIM de Conso-Frieiras

A Praza do Cruceiro de Riós acolleu este venres a presentación do documental “Cree, crea, crece”, unha peza moi especial na localidade na que as protagonistas son elas, as mulleres do Riós. Esta peza está baseada nos talleres de igualdade que realizou durante todo o ano o Centro de Información á Muller de Conso-Frieiras, cuxo obxectivo era que as participantes coñeceran “quen foron, quen son e que queren ser”, explican.

Con máis de 50 persoas inscritas nas sesións, dende o CIM querían facer “algo diferente á charla convencional”, polo que contaron co apoio de Tactocontacto, asesores persoais. “As actividades buscaban promover a igualdade e previr a violencia de xénero pero a través dunha parte artística e manual”, explican dende a organización. Así, traballaron con tres materiais que representaron cada parte da vida: arxila, cerámica e xelatina co pasado, presente e futuro. 

cim conso frieiras docu (3)
Un grupo nos talleres durante o ano.

A cita non faltou a alcaldesa Eva Barrio nin tampouco o exalcalde Francisco Veiga -con quen comezou o proxecto-. “Estas actividades están moi ben, e máis no medio rural. O matriarcado sempre foi forte aquí, pero por desgraza o machismo segue presente, polo que estas actividades axudan ao crecemento persoal das mulleres cara a autoevaluarse e autoestimarse”, apunta Barrio, optimista “porque as novas xeracións xa veñen pisando algo máis forte e nos cursos nótase moito, a xente está aberta e imos avanzando”, conclúe. 

Riós (2)
Ambiente na presentación do documental.

Te puede interesar