Viridiana xemía

Viridiana, polo seu nome, parece unha muller de tempos pasados, pero non, naceu a mediados do século vinte, estudou nun colexio de monxas, como todas as da época, e despois, na universidade pública, como as que podían. Estudou, rematou a carreira e botou mozo. Nunca casaron, pero agora...

A luz da esperanza

Leva consigo un reloxo que funciona coa luz e alumea de noite, carga e anda coa luz do sol, coa natural, coa luz do día. Un reloxo que indica os cambios de hora segundo a segundo e, cando faga falta, pasa das dúas ás tres de súpeto, en menos dun suspiro e aí se queda ata o novo...

Viva a memoria!

Saíu da casa e foi andando moi de présa para estación do tren. Non era estación, efectivamente, era un apeadoiro  de pouca monta, un lugar escondido no medio dunha carballeira, a uns mil douscentos metros mal contados da aldea onde vivía  coa súa familia e outras...

Patacas para todos

A voltas coas patacas. Científicos peruanos do Centro Internacional da Papa (CIP) de Lima, conxuntamente con outros americanos do Centro de Investigación Ames (ARC) da NASA, están estudando a forma de producir patacas en condicións extremas, en solos parecidos aos do planeta Marte, a uns...

Son todos iguais?

Non, nin moito menos, non son todos iguais. Uns máis, outros menos e outros nada. Son iguais os que o son. Os defensores das desigualdades din que, diante da Xustiza, si. “Aquí todos somos iguais”, aseveran, pero non o parece. Moita xente ten a sensación, non a certeza, de que a...

Cantoras das verdades

Van polos teatros, prazas e salas musicais de Galicia e do mundo, de palco en palco, de salto en salto, cantando e falando, lembrándolle ao respectable público que os refuxiados son como eran seus pais e seus avós, xente emigrante que buscaba acougo, sosego e traballo. As irmáns...

Por que?

O mar ten beleza, ten vida e dá vida na redonda. Pero, no seu bravío leva e trae moita traxedia, agrándase coas bágoas das xentes que atrapa, xentes traballadoras e que buscan apousento para vivir. Maldita miseria!  Sabémolo ben os galegos, sábeno ben os que andan no...

Fermín, a bondade

Omestre morreu. Dende as aulas da Complutense, decontado e  despois de cumprir, foise para a diestra doutros dos grandes da intelectualidade, fabriqueiros da Galicia que queremos libre, sa e salva. Alí está Fermín Bouza Álvarez observando e aplaudindo  aos seus amigos da...

Esquecemento

Concellos e lugares de importancia e tradición xacobea foron excluídos dos mapas impresos nas credenciais editadas pola Oficina do Peregrino que se reparten ou, mellor dito, que se venden nas parroquias, para que os peregrinos anoten a data e o lugar onde comezan a súa andaina e para que...

Vázquez Queipo

Moi ben. O Consello Galego de Enxeñarías (CGES), integrado polos colexios profesionais de enxeñarías reguladas, proponlle á Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), que homenaxee a Vicente Vázquez Queipo, como científico galego de 2017. Honraralles a iniciativa,...

Menos de 7 días

Traballo temporal é o que hai, o que nos queda. É o que nos deixan as altas instancias do Estado. Precariedade laboral, contratos por día e, incluso, por horas, soldos inferiores aos da década pasada e baixando, mentres os impostos, a luz, a auga e o lixo van subindo. Cada vez menos para...

A Academia

Diante da Academia, da Real Academia Galega (RAG), hai que cadrarse, erguer o peito, expoñer a alma e render homenaxe, cada día, á Institución senlleira e defensora da nosa lingua, integrada por sobranceiras personalidades dos distintos ámbitos da cultura e da vida de Galicia,...

Vaia por Deus!

Oteléfono móbil mata. Morre moita xente no mundo pola súa culpa, polo uso mal feito deste aparello aparentemente servizal, útil e favorecedor da comunicación entre uns e outros, da derradeira comunicación en moitos casos. Dicíao o outro día o meu amigo...

Venturoso 2017!

Desexo que 2017 traia unha vida venturosa para toda a xente deste mundo, para os que andan na política, para os traballadores e traballadoras, para aquelas persoas que se dedican ao ensino, á investigación, ás tarefas domésticas, á música ou a calquera das outras...

Atentos e comedidos

Nada. Non hai nada que facer, nada que ver, nada que prognosticar ou predicir. Cambian os tempos e as formas, poro non cambia outra cousa, nada máis. Todo segue o seu ritmo para que suave e mansamente cambiemos de ano, para seguir cos mesmos problemas de sempre, coas mesmas manías que veñen de...

Pedro Farrapeiro

Internet chegou tarde para moitos dos paisanos que, a mediados do século pasado, andaban na verea de vendedores ambulantes, gañando a vida coa maleta ao lombo ou no lombo da mula, recorrendo a terra, de aldea en aldea e de casa en casa, ofertando e comprando ou, se era o caso, intercambiando, facendo...

Onde está o medo?

O subconsciente daquela xente estaba dominado polo medo. Medo a todo. Incluso os políticos do momento metían medo, tanto coas súas arengas como coas súas accións contraditorias diarias e coa irrenunciable irresponsabilidade inherente á propia condición de defensores,...

No hospital, 
para curar

Estaban os tres no mesmo cuarto dun hospital privado (concertado), aínda que as súas doenzas eran distintas e de gravidade diferente. As camas, cos seus cabeceiros na mesma parede e á fronte a televisión de pago. A conversa destes pacientes non era moi enriquecedora, pero era...

Murallas de arames

Os galegos sabemos moito do pequeniño, temos o minifundio incrustado no territorio, na herdanza e na mente, somos como a expresión pura e lisa do reparto e do parcelamento. No noso territorio hai paredes de pedra, de granito do Porriño, de lousa laminada de onde sexa e de cor gris ou negra. Hai...

Intelixencia

Dicían del que era moi intelixente, un brillante operario en todo aquilo no que se metía, un formidable controlador do que era conveniente controlar, unha persoa con grande capacidade para aprender e comprender, para entender o entorno, para resolver cuestións con dificultades. Non tiña...