Xornal Escolar

Aprendendo a falar coa axuda de Lali

No colexio María Inmaculada de Verín contan este ano cunha compañeira moi especial. Chámase Lali e chegou ata as aulas de Educación Infantil cunha misión clara: axudarlle ós máis pequenos do centro a solucionar calquera problema que teñan para expresarse. 

A iniciativa, impulsada dende o departamento de Orientación, constitúe un programa de intervención directa nas aulas e desenvólvese durante unha hora á semana para cada un dos grupos de Infantil. Neste tempo, realizan traballos e exercicios para paliar as dificultades que poidan aparecer no desenvolvemento da linguaxe oral e na adquisición do proceso de lectura e escritura. Os cativos están moi contentos coa chegada desta nova compañeira.

11_xornalescolar_0912_verin_01
1 / 5

O obxectivo é axudarlles coas dificultades para falar, ler e escribir.

11_xornalescolar_0912_verin_06
2 / 5

A chegada de Lali foi moi ben recibida nas aulas de Infantil.

11_xornalescolar_0912_verin_05
3 / 5

A iniciativa partiu do departamento de Orientación.

11_xornalescolar_0912_verin_04
4 / 5

Os alumnos moi atentos ás explicacións de Lali.

11_xornalescolar_0912_verin_03
5 / 5

Lali ofrece exercicios moi dinámicos para aprender.