Acondicionado un pasteiro de 88 hectáreas en Sarreaus

210830_Balseiros_pasteiro_Sarreaus_1
photo_camera O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros,desprazouse este luns ata Codosedo.
Na mesma intervención, realizáronse traballos de roza na zona, así como de preparación do terreo, de aboado e de sementeira, incluíndo o acondicionamento necesario, a implantación de peches e outros labores como a construción dun galpón e a colocación de tres pasos canadenses.

Dentro da primeira fase do Plan de Pastos de Galicia, a Consellería do Medio Rural acondicionou en Sarreaus un pasteiro de 88 hectáreas por medio dun investimento de 392.000 euros. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, desprazouse este luns ata esta localidade para supervisar os traballos realizados nos últimos meses no monte veciñal en man común de Ameá, na parroquia de Codosedo. Ademais, na mesma intervención, realizáronse traballos de roza na zona, así como de preparación do terreo, de aboado e de sementeira, incluíndo o acondicionamento necesario, a implantación de peches e outros labores como a construción dun galpón e a colocación de tres pasos canadenses.

O obxectivo desta iniciativa é dobre, tal e como explicou o director xeral, que estivo acompañado polo rexedor local, Gumersindo Lamas. Por un lado, trátase de promover un mellor aproveitamento dos recursos naturais para garantir a rendibilidade das explotacións ao facilitarlles máis base territorial e proporcionarlles novas ferramentas para xerar oportunidades de riqueza no rural -neste caso, facilítase maior base territorial para a gandaría extensiva na comarca da Limia-. Por outro lado, búscase unha eficaz anticipación ao problema dos incendios forestais, creando discontinuidades no territorio que funcionan de barreira natural fronte ao lume.

Te puede interesar