O BNG de Xinzo pide un maior uso do galego no Concello
LENGUA GALLEGA
O grupo nacionalista explicou que cada vez é menor o número de persoas que empregan o galego na comunicación formal ou non formal
Dende o grupo municipal do BNG critican que non recibiu o apoio de ningunha forza para que prosperase unha moción sobre a comunicación institucional.
Camilo Vila defendía na última Comisión Informativa da área de Cultura, a necesidade de tomar medidas que lle permitise á veciñanza comunicarse dun xeito pleno coa Administración local na súa propia lingua. O equipo liderado por Vila atopouse co bloqueo de Partido Popular, PSOE e Áxil, que botaron abaixo a proposta.
O grupo nacionalista explica que vén detectando como o galego se usa cada vez menos tanto na comunicación formal coma non formal na Casa Consistorial e en toda a produción que emana dela, malia representar a unha comunidade formada por un 90% de galego falantes.
A moción enumeraba unha serie de eivas a corrixir antes da celebración do Día das Letras. Vila lamenta que “para este grupo de goberno non é prioritaria a lingua”.
Amador Díaz, alcalde de Xinzo, explica que “imos cambiar o contestador do Concello ao galego, pero non apoiamos esta moción porque o grupo de goberno defende a lingua galega”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
INTERVENCIÓN MILITAR
Trump no descarta activar en Cuba operativos similares al practicado en Venezuela
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Los peces no lo son sino cariños bajo el agua
La Región
Ourense no puede vivir permanentemente cortada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 21 de junio