O alumeado do Nadal de Xinzo chegou coa ponte

Iluminación1
photo_camera A árbore de Nadal quedou instalada na praza Maior da vila.
A praza Maior conta cunha grande árbore e a casiña de Papá Noel

A vila limiá xa vive oficialmente as horas do seu Nadal. Nesta ponte de decembro quedou instalado o alumeado e a decoración especial de casiñas de Nadal -incluida a de Papá Noel- que, dende o Concello, agardan que contribúan a facer especiais estas datas no municipio. 

Dende o Consistorio limiao recordan que, para esta finalidade, elaborouse “un completo programa de actividades con todas as medidas de seguridade e no que os nenos serán os grandes protagonistas”. E é que para a cabalgata de reis, que se recuperará -se todo vai segundo o previsto- en xaneiro, a alcaldesa prometeu algunha que outra sorpresa. 

Iluminación2

A ilusión xa se sinte no ambiente nunhas rúas, en Xinzo, engaladas con arcos e tiras luminosas. Nas principais prazas da localidade xa se poden ver todo tipo de adornos, moitos elaborados a partir de elementos naturais. Destaca o parque do Pombal, onde se instalaron as casiñas de Nadal e a praza Maior, coa casa de Papá Noel -alí pódense adquirir as tarxetas bono para mercar no comercio local, unha iniciativa levada a cabo en colaboración coa asociación Prolimia- e a gran árbore que, como vén sendo habitual nos últimos anos, ocupa o centro da praza. Tamén a praza Carlos Casares será centro neurálxico do Nadal limiao nesta mes de decembro, pois xa se pode acceder, dende a pasada fin de semana, á pista de patinaxe sobre xeo e ao mercado de artesanía integrado por productores locais e da contorna. 

iluminación4

Aos pobos de Xinzo tamén chegará a iluminación especial destas datas, xa que, segundo quixeron matizar dende o equipo de goberno, alí tamén se está a ultimar a instalación da iluminación, composta por arcos luminosos e adornos.

Te puede interesar