O BNG plantexa un servicio de transporte comarcal en Xinzo

O BNG de Xinzo da Limia divulgou na xornada de onte un comunicado no que se fai eco das queisas plantexadas nestes días pasados por veciños e veciñas da localidade de Gudín sobre as dificultades de transporte para acceder á vila. O BNG considera que estas queixas 'non son máis que a expresión puntual dun problema soterrado máis amplo, arrastra dende hai moitos anos, e que afecta en maior ou menor medida a todos os núcleos rurais' do concello.
Para o BNG, a solución a este problema pasaría pola creación dun servicio público de transporte no concello, que permita conectar os distintos núcleos da zona rural coa vila 'dun xeito rápido e fluido, para que o desprazamento non sexa un atranco á hora de acceder aos servicios públicos básicos', como son a administración, sanidade, conservatorio, instalacións deportivas, así como á oferta cultural e de ocio que está dispoñible no nucleo urbano de Xinzo.

Segúndo expón o BNG no devandito comunicado, este servicio público de transporte desembocaría no futuro nunha rede de transporte público a nivel da Limia, en colaboración cos distintos concellos, co obsectivo de comunicar de xeito permanente e con frecuencia a vila de Xinzo con todos os puntos daquela comarca. Para o grupo nacionalista, a solución adoptada polo PP de comatibilizar transporte escolar e de viaxeiros é insuficiente.

Te puede interesar