FESTAS

O Concello de Xinzo organiza as Festas de Santa Mariña

A Consellería repartirá entre veciños, hostalería, comercio e empresas de Xinzo unha nota informativa na que figura un número de conta na cal poderán ingresar a colaboración que cada un pense que debe facer

A Concellería de Cultura e Festexos de Xinzo decidiu asumir a organización das festas patronais de Santa Mariña. Así o puxo onte de manifesto o concelleiro de Festexos, Luis Miguel Gil, quien sinala nunha nota informativa que tomou esta decisión "tras o nulo interese mostrado polas festas de Santa Mariña por parte do pobo de Xinzo, onde se inclúe aos partidos da oposición, xa que ningúen apareceu nin proguntou pola xuntanza que se tivo datas atrás para constituír unha comisión que as organizara". 

A Consellería repartirá entre veciños, hostalería, comercio e empresas de Xinzo unha nota informativa na que figura un número de conta na cal poderán ingresar a colaboración que cada un pense que debe facer. A data límite para facer os ingresos será o 23 de xuño. O que se recaude xuntarase cos 10.000 euros que aporta o Concello, "e co total pediremos propostas aos promotores, que serán levadas á Xunta de Goberno" para elexir a máis axeitada.

Indica o concelleiro Luis Miguel Gil que "nun principio pensouse en convocar a todos os concelleiros, pero visto o nulo interese da oposición, declinouse esta opción".
Conclúe a nota de Miguel Gil que "como nas anteriores Festas e no Entroido, a Concellería de Cultura e Festexos abriu a todo o pobo a organización das mesmas e quen quixo colaborar puido facelo".

Te puede interesar