A formación universitaria regresa a Xinzo no mes de abril

Versará sobre a educación, o cine e a arte medieval. 

O Concello de Xinzo e a Universidade de Santiago de Compostela volven a sumar esforzos para promover a formación universitaria na vila limiá con distintos seminarios que se desenvolverán os días 2, 9 e 23 de abril na Casa da Cultura deste municipio. 

O proxecto, que leva por nome “Democratización do coñecemento”, versará para Xinzo sobre a educación, o cine e a arte medieval. 

Na primeira xornada falarase sobre o papel que desempeñan as familias na educación. Celebrarase en dúas sesións, de 10,30 horas a 12,00 horas e de 12,15 horas a 13,45 horas. Cristina Varela, Diana Priegue e Jesús García serán os profesores encargados. 

O 9 de abril -nas mesmas franxas horarias- terá lugar a quenda para “O cine do cotiá: un achegamento á práctica documental”, un seminario dirixido por dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío.

Por último, o 23 de abril haberá dúas sesións sobre historia. A primeira será “Dando luz ao románico... Escoitando o falar das imaxes petrificadas”, na segunda descubriranse San Xoán de Vilar de Santos e Santa Mariña de Xinzo de Limia. Carolina Casal, doutora en Arte Medieval pola USC será a encargada de dirixir as sesións. 

As inscricións para os maiores de 50 anos poderán levarse a cabo en [email protected].

Te puede interesar