Os nenos de Sandiás disfrutaron con Pazolandia

Os máis pequenos de Sandiás.
photo_camera Os máis pequenos de Sandiás.

Pazolandia es parte de la Navidad de Ourense, pero también de Sandiás

Dezanove nenos do Concello de Sandiás visitaron onte Pazolandia, no Pazo dos Deportes “Paco Paz” en Ourense. Unha actividade organizada pola Deputación de Ourense, no marco do programa de Nadal do Concello.

Á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltan os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o “Saltamontes”, “La olla” ou a pista americana, este ano añadíronse dúas novidades: unha delas o “Boomerang”, unha atracción que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe con 22 metros de altura.

A segunda novidade é a “Pasaxe terror”, unha atracción pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror. Outra das novidades destacadas nesta edición é o “Mundo do xoguete”, unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos.

Te puede interesar