CONCELLO

Sandiás terá tesoureiro e secretario provisional

Ademais, deuse luz verde á ordenanza que regula a creación dunha xunta de portavoces, ata o momento inexistente. 

A corporación municipal do Concello de Sandiás celebrou, o pasado luns, un pleno ordinario. Na sesión aprobáronse, por unanimidade, as cuestións referidas ao nomeamento dun novo tesoureiro que será, provisionalmente e durante o periodo dun ano, o secretario municipal. Por outra banda, deuse luz verde á ordenanza que regula a creación dunha xunta de portavoces, ata o momento inexistente. 

O punto da orde do día que contou coa abstención dos concelleiros do Partido Popular e do concelleiro non adscrito, foi que comprende a apertura dun expediente de investigación sobre un terreo localizado en Vilariño das Poldras. Despois recibir a solicitude dun veciño que o reclamaba como propio, procederase a determinar, mediante as consultas pertinentes, a titularidade de dito terreo.

Por outra banda o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, convocou para hoxe, ás 20.00 horas, unha reunión cos veciños da Parroquia de Piñeira de Arcos para tratar a evolución das obras da beirarrúa, que vai dende o cruceiro á igrexa parroquial. 

Te puede interesar