Xinzo acollerá un curso sobre dano cerebral dirixido a coidadores

A formación será impartida por integrantes da Federación Galega de Dano Cerebral “co obxectivo de mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con esta discapacidade a través da capacitación do persoal que se fai cargo do seu coidado a domicilio”. 

Logo dunha serie de charlas que se están levando a cabo na comarca sobre o dano cerebral adquirido, a sede da Escola Rural de Saúde da Limia acollerá un curso específico dirixido, principalmente, a profesionais coidadores de persoas que padezan esta doenza. 

A formación será impartida por integrantes da Federación Galega de Dano Cerebral “co obxectivo de mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con esta discapacidade a través da capacitación do persoal que se fai cargo do seu coidado a domicilio”. 

O curso estará distribuído en tres sesións: O xoves 27 de outubro, de 16,30 horas a 19,00 horas; o xoves 3 de novembro, tamén de 16,30 horas a 19,00 horas; e o sábado 5 de novembro de 10,00 horas a 13,00 horas.

Esta actividade enmárcase na Escola Dano Cerebral que Fegadace impulsa, tanto online como presencialmente.

Te puede interesar