A Limia

Xinzo Adiante reclama máis medidas contra a vaga de lumes

Pídenlle no escrito que a concellería de Pedanías e Medio Rural exerza "de xeito responsable as súas competencias

 A agrupación veciñal Xinzo Adiante ven de rexistrar nas oficinas do Concello unha moción para elevar á vindeira sesión plenaria na que insta á corporación local á toma de medidas urxentes en materia de prevención e limpeza das masas forestais, co único propósito de evitar a vaga de lumes da que foi pasto a comarca no pasado verán. 


Consideran os voceiros de Xinzo Adiante que o Concello "obviou o disposto na Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais ó non actuar nos casos de incumprimento de limpeza da biomasa vexetal nos perímetros de núcleos" e pídenlle no escrito que a concellería de Pedanías e Medio Rural exerza "de xeito responsable as súas competencias, considerando que a responsabilidade do Concello é exercelas ata esgotalas, sobre todo tendo en conta que recibiu unha desbrozadora vía subvención".

Te puede interesar