Allariz acollerá unha feira do libro de ocasión na Semana Santa

A praza do Matadoiro de Allariz acollerá entre os días 31 de marzo e 8 de abril a primeira feira do libro de ocasión en galego do municipio. O evento está organizado polo Concello de Allariz, a librería Aira das Letras da vila alaricana e a Asociación Galega de Editores e permitirá por a disposición dos veciños e visitantes que durante esas datas se acheguen ata a vila do Arnoia uns 648 títulos galegos a prezos de 'outlet'.
A iniciativa, a primeira na que participa e colabora a Asociación Galega de Editores e na que participarán a maioría das editoriais galegas, ten no precio final un dous seus mellores reclamos os prezos dos libros oscilarán entre os 3 e os 15 euros dos libros da categoría de grandes obras, ademáis os organizadores acordaron realizar tamén vendas por lotes e venderanse ata 5 títulos por 10 euros. Ademáis da compra-venda das publicacións, a organización está a ultimar a celebración de diversas actividades de animación e dinamización cultural.


AMPLIAR A OFERTA

O evento literario galego únese a programación cultural que o Concello de Allariz ten previsto desenvolver, como outros anos, durante esas datas e Semana Santa (o 'Semana Santa ao Vivo') e que ten como obxectivo completar unha xa concurrida oferta museística, ambiental e comercial co propio outlet textil aberto nas rúas do casco vello.

Te puede interesar