Allariz celebra el "IX Premio Antón Risco”, con premios de hasta tres mil euros

Casa da Cultura en Allariz.
photo_camera Allariz.

 

 

Fundación Vicente Risco, Deputación de Ourense, Pastelería Fina Rei, Cervexa A Esmorga e Daveiga-Galletas Mariñeiras convocan conxuntamente o “IX Premio Antón Risco” de novela curta co fin de homenaxear ó escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández.

Continuador do gusto do seu pai polo fantástico, don Vicente Risco (a quen podemos considerar introdutor do xénero fantástico na literatura galega coa obra Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, en 1919), Antón Risco foi un profundo teórico da literatura fantástica con obras como Serpentáguila (Notas de un lector de poesía), Quebec (Canadá), Ediciones Hipogrifo, 1986; Literatura fantástica de lengua española (Teoría y aplicaciones), Madrid, Taurus, 1987, ou Viaxes á América Latina á procura de literatura fantástica. Sada (A Coruña), Edicións do Castro, 1987.

No “IX Premio Antón Risco” poderá concorrer calquera persoa que o desexe cunha novela curta escrita en lingua galega ou portuguesa. As novelas presentadas deberán ser anónimas, inéditas en todas as linguas e formatos (tanto impreso como dixital) e non ter sido publicadas ou premiadas con anterioridade. O prazo de entrega remata o 31 de xaneiro de 2024. A obra gañadora será premiada con 3.000 euros, así como a publicación do libro.

O xurado estará composto por cinco persoas e o fallo do xurado terá lugar en Allariz, na sede da Fundación Vicente Risco, durante o mes de maio de 2024 e será publicada nas redes sociais da Fundación Vicente Risco (Facebook, Twitter e Instagram).

Te puede interesar