Allariz celebrará a súa feira este domingo 15

undefined
photo_camera Un dos postos de plantas instalados na Barreira na feira.
A medida responde a un acordo adoptado entre o Concello de Allariz e o colectivo de vendedores ambulantes polo que, despois de cambiar a ordenanza municipal para celebrar o mercadiño cada sábado o ano pasado, decidiuse respectar, non obstante, a celebración de cada 15 de agosto,

A celebración semanal da feira alaricana, que ten lugar todos os sábados, mudará esta semana circunstancialmente de día e trasladarase ao domingo 15. A medida responde a un acordo adoptado entre o Concello de Allariz e o colectivo de vendedores ambulantes polo que, despois de cambiar a ordenanza municipal para celebrar o mercadiño cada sábado o ano pasado, decidiuse respectar, non obstante, a celebración de cada 15 de agosto, independentemente do día da semana no que recaera. Por este motivo, esta semana os postos de venda instalaranse no campo da Barreira na xornada dominical, e non o sábado. 

Agárdase que a deste domingo sexa unha das feiras con maior afluenza de compradores debido, principalmente, á presenza na vila de visitantes e veraneantes nestas xornadas centrais do mes de agosto. 

Por outro lado, tal e como recordou a alcaldesa alaricana, Cristina Cid, a finalidade deste novo modelo de feira semanal -a celebración dos sábados- foi a de  “incrementar a capacidade de atracción de visitantes e asegurar que comercio e hostalaría recibisen un fluxo constante de xente dende primeiras horas da mañá dos sábados tendo continuidade toda a fin de semana”.

Te puede interesar