FESTA DO BOI

Allariz remata a festa co ‘Maratón do boi'

Onte celebráronse as dúas carreiras máis multitudinarias desta edición 

Allariz despide hoxe a súa Festa do Boi despois de oito intensos días nos que se correron múltiples carreiras, houbo música nas rúas e se recreou a orixe desta tradición, que se remonta o ano 1317, entre outras numerosas actividades. Despois dunha xornada de venres con un importante compoñente histórico que diu pe ó pasarrúas polos locais dos gremios coa Batucada Axóuxere e os tambores Zés Pereiras, de Portugal, ademais da xuntanza na Praza de Arriba para acomodar o lexendario Xan de Arzúa, onte foi posiblemente cando se xuntou a máis grande multitude de asistentes para correr o boi ás 13,30 e as 20,30 horas, e na que tamén houbo pasarrúas coa Treboada dos Zés Pereiras e as charangas Sugarri e Apeles.

"Hoxe (por onte) é unha xornada potente porque é multitudinaria, aínda que durante toda a semana houbo moita xente de toda a provincia pero sobre todo da ciudade de Ourense", apuntaba Cristina Álvarez, a secretaria da Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora da festa.

Xa pola mañá houbo a carreira infantil, cunha maqueta a tamaño real do boi, que dirixen os "Homes do Sedeño", igual que o fan co animal de verdade na carreira dos adultos, e coa que se persigue introducir ós máis pequenos nesta tradición para que non desapareza e teña continuidade no futuro, tras a súa recuperación en 1983.

Álvarez tamén valoraba o feito de que apenas houbo incidencias: "Procuramos que non participen na carreira persoas con escasa mobilidade e os nenos", pero aínda así produxéronse as inevitables caídas, rasguños e a pisada do boi a unha moza este asado venres, que foi necesario trasladar na ambulancia ó CHUO.

Hoxe remata a festa, e está previsto para as 13,00 horas un pasarrúas coa Treboada dos Zés Pereiras e a charanga Sugarri, seguido da carreira do boi ás 13,45 horas, para continuar de novo coa música nas rúas e xa pechar o programa ás

19,30 horas co Maratón do Boi. Esta última actividade consiste en sacar ós catro animais que dispuxo a organización para a festa, pero por separado, desenvolvendo catro carreiras.

Te puede interesar