Os cacharreiros levarán a tradición a Niñodaguia

Ourense. 10/08/2022. Presentación encontro de Cacharreiros en Niñodaguia. Na foto Mónica Blanco, César Fernández, Carlos Gómez e Agustín Vázquez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Presentación encontro de Cacharreiros en Niñodaguia. Na foto Mónica Blanco, César Fernández, Carlos Gómez e Agustín Vázquez. Foto: Xesús Fariñas
No encontro actuarán as Cantareiras desta localidade e Emilio Rúa

A oitava edición do Encontro de Cacharreiros devolverá a tradición da olería ao municipio de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo), concretamente, ao Museo Obradoiro de Olería; esta fin de semana -do venres 12 de agosto, ao domingo 14-. O evento, de carácter gratuito, estará organizado pola Asociación Amigos do Barro de Niñodaguia, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. Entre outras actividades, o sábado pola noite actuarán no museo as Cantareiras de Niñodaguia (21,30 horas) e Emilio Rúa (22,00 horas). 

Este mércores tivo lugar a presentación das xornadas no Pazo Provincial. Nela interviu o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, o alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, e os organizadores Mónica Blanco, guía cultural do museo de Niñodaguia e Agustín Vázquez, presidente da Asociación Amigos do Barro de Niñodaguia. 

César Fernández destacou o deseño dun evento que “une a un oficio tradicional da nosa cultura con obradoiros, exposicións e a música”. Pola súa banda, o alcalde de Espadanedo, Carlos Gómez, resaltou a traxectoria dunha xuntanza que “naceu como unha aventura” e destacou a “enorme axuda da Deputación e a Xunta, con apoios como o da presidenta de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro”.

No encontro participarán sete cacharreiros de toda Galicia.

Te puede interesar