EN ALLARIZ

Celebración no concello de Allariz do Día da Patria

Festa da patria en Allariz
24-7-17
photo_camera A celebración en Allariz arrancou cunha cea de confraternidade no parque de Portovello.

 Centos de persoas participaron onte no parque de Portovello, en Allariz, nas celebracións do Día da Patria organizadas dende o Concello de Allariz

 Centos de persoas participaron onte no parque de Portovello, en Allariz, nas celebracións do Día da Patria organizadas dende o Concello de Allariz. Por segundo ano consecutivo, as marxes do Arnoia foron o escenario dun encontro interxeracional onde non faltou nin a gastronomía, nin a música tradicional galega. "O traslado a propia vila, aínda que perdeu o atractivo do souto de Folgoso, gañou en participación e tamén en comodidade para todos aqueles que non querían coller o coche", recoñecía o alcalde, Francisco García, que destacaba o ambiente festivo que se viviu dende media tarde cos preparativos das mesas e a ambientación dos gaiteiros.

"Celebramos este ano o día da Patria Galega reafirmando o noso compromiso de loita por unha Galiza dona do seu futuro, unha Galiza con dereito a existir como pobo diferenciado do mundo", arrincaba o manifesto que a partir da medianoite daba a benvida ao 25 de xullo. Unha lectura que foi sucedida pola actuación da orquestra Os Modernos, que prolongou a festa ata ben entrada a madrugada. 

Te puede interesar