Charlas para informar á comarca de Allariz da Lei de dependencia

Segundo puntualizaron dende o Centro de Día de Maceda, as actividades serán, no caso de Xunqueira de Espadañedo, o día 14 de febreiro no salón de actos do concello. Por contra, o día 21 de febreiro, na aula do Concello, será a quenda para os interesados e interesadas de Baños de Molgas.

Profesionais que actualmente traballan no Centro de Día de Maceda levarán a cabo unha serie de charlas informativas sobre a Lei de dependencia. Serán, concretamente, en Xunqueira de Espadañedo e en Baños de Molgas e proporcionarán aos asistentes coñecementos sobre quen pode solicitar dita lei, onde, ou a que servizos da comunidade dá acceso -por exemplo centro de dia ou axuda no fogar-.  Tamén se solventarán as dúbidas que poidan xurdir en ditos encontros. 

Segundo puntualizaron dende o Centro de Día de Maceda, as actividades serán, no caso de Xunqueira de Espadañedo, o día 14 de febreiro no salón de actos do concello. Por contra, o día 21 de febreiro, na aula do Concello, será a quenda para os interesados e interesadas de Baños de Molgas.

O Centro de Día de Maceda, centro que pertence á rede de centros de atención ós maiores da Xunta de Galicia, leva a cabo diversas actividades e proxectos coa comunidade na liña de fomentar un modo de vida activo e saudable e integrar aos maiores na sociedade.

Te puede interesar