CULTURA

Cincoenta artesáns estarán nas xornadas dos oficios do coiro de Allariz

<p></p>
photo_camera Ernesto Sánchez, Mirian Campomar, Francisco García e Juan Seara, durante a presentación das xornadas

Desenvolveranse ao longo do mes de maio e inclúen obradoiros, exposicións, concurso e mercado

Medio cento de artesáns participarán nas Xornadas dos Oficios do Coiro que se celebrarán en Allariz do 3 ao 7 de maio. Este certame foi presentado onte no Museo do Coiro, coa presencia do alcalde, Francisco García; o concelleiro de Cultura, Juan Seara, e os artesáns Ernesto Sánchez e Mirian Campomar. Segundo expuxo Ernesto Sánchez, a estrutura das xornadas é semellante a das catro edicións anteriores, con catro obradoiros centrais dirixidos por expertos e que se desenvolverán na sala de exposicións "A Fábrica". Estes serán: Modelado en húmido, a cargo de Michael Nadeau (Madrid); Recuperando restos, por José Bernardo Sappia (Méjico); Intervención colectiva, a cargo de Nelson Callejas (Pontevedra), e "Cuir Bouilli", que dirixirá José Villar (Silleda).

Do 3 de maio ao 11 de xuño o Museo do Coiro acollerá unha exposición-concurso con motivo dos "700 anos da Festa do Boi" e do 5 ao 28 de maio, na sala de exposicións A Paneira estará a mostra de Nelson Gómez Callejas "Guadamecileando Boi". Os días 6 e 7 de maio, no Museo do Coiro haberá un mercado de pezas, ferramentas e productos, mentres que o 7 de maio celebrarase un obradoiro para nenos no Museo.

O alcalde de Allariz, Francisco García amosou a súa satisfacción pola celebración destas xornadas ao redor do coiro,que definíu como "un activo do pasado de allariz que se proxecta cara o futuro para crear actividade económica".

Te puede interesar