XORNADAS DOS OFICIOS DO COIRO

O coiro atrae ata Allariz a 50 artesáns e artistas

<p></p>
photo_camera Participantes no obradoiro sobre Guadamecil tradicional que abríu as Xornadas do Coiro.

A antiga fábrica de curtidos acolle as IV Xornadas sobre este oficio

A antiga fábrica de curtidos da familia Nogueiras, en Allariz, acolle desde onte a cuarta edición das Xornadas dos Oficios do Coiro, que se desenvolverán na vila ata o vindeiro domingo, día 8. As xornadas están organizadas polo Museo do Coiro e o director desta entidade, Ernesto Sánchez, destacaba que a resposta este ano "está sendo estupenda", pois contan con máis de medio cento de artesáns e artistas inscritos para participar nos obradoiros programados. A súa procedencia é moi diversa, pois segundo Sánchez, hai, ademáis de xente de Ourense e do resto de Galicia, persoas chegadas de País Vasco, Zaragoza, Madrid, O Bierzo e incluso un colombiano, "e todos eles están encantados co que estamos a facer", aseguraErnesto Sánchez.

No primeiro obradoiro que se celebrou onte, sobre Guadamecil tradicional, participaron dez alumnos; na xornada de hoxe esta prevista a incorporación doutros dez alumnos ao obradoiro de Modelado en húmedo, obradoiro que continuará mañá venres, coa participación de trinta alumnos.

As xornadas inclúen outro obradoiro, sobre a "Elaboración de caperuzas para o seu uso en cetrería", e unha intervención colectiva.

Complétase o programa das Xornadas coa exposición "Do Paramento ao Guadamecil", obra do cordobés Juan José García Olmedo. O sábado e o domingo celebrarase nas dependencias do Museo un mercado de pezas, ferramentas e productos e o domingo, de 12,00 a 14,00 horas, un obradoiro para nenos.

Te puede interesar