O Concello de Allariz reedita o seu ciclo de educación sexual

Participarán alumnos do CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz. 

O Concello de Allariz reeditará, neste 2021, o ciclo formativo sobre educación sexual que, ao longo dos últimos anos, vén desenvolvendo da man dos centros educativos da vila. O obxectivo será traballar a partir de intervencións curtas e dende a vindeira semana, contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia. Neste senso, impartiranse, en total, tres sesións por grupo aos cursos de sexto de Primaria do CEIP Padre Feijóo e a segundo e cuarto da ESO do IES de Allariz. 

A idea destes ciclos de educación sexual, nos que se traballarán contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas e a implicación que ten isto para as persoas e as relacións que establecen para a convivencia, foi acuñada por Efigenio Amezúa. 

Tal e como apuntaron dende a área de Benestar Social do Concello de Allariz, reflexionarase durante as sesións -dende unha actitude comprensiva- sobre os cambios nos corpos e nas relacións, -a partir deste momento-  e introduciranse entre as ideas que aporten un maior coñecemento e faciliten o entendemento de cousas que poden pasar e que inflúen no mozo ou moza: ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, de gusto polo outro ou das ideas de parellas.

Te puede interesar