O salón do Concello de Maceda acolleu o acto de presentación de CxG as próximas elecciones municipais
O salón do Concello de Maceda acolleu o acto de presentación de CxG as próximas elecciones municipais, no que interviñeron catro candidatos: Xosé Antón Otero, Bieito Seara, Beatriz Cuenca, Santiago Prol e o candidato á alcalde da vila por esta formación, Celso Sánchez.
Na presentación, aparte de dar o perfil de cada un dos candidatos, adiantáronse varias liñas do programa que está basado en convertir Maceda nun pobo con facilidades e atractivos para vivir e traballar, para o cal se promoverán medidas para abaratar os servizos públicos básicos: auga, lixo e con redución de impostos para as persoas como para os negocios-empresas.
Na presentación apuntáronse, ademáis, algunhas medidas sociais, como implantar un servizo diario de Pediatría, mellora da potabilidade da auga do grupo, Escola de Saúde, promover a vivenda comunitaria ou obras de mellora no pabellón e na biblioteca pública.