Un documental pechou as xornadas de Romasanta en Allariz

Nesta nova entrega das xornadas, tamén se presentou a película Luarada, a cinta sobre este personaxe, e que contou coa presenza do seu director, Óscar Doviso, e do actor Marcos Vázquez.

A undécima edición das Xornadas Romasanta organizadas pola Fundación Vicente Risco na súa sede alaricana e tamén na Casa da Cultura da vila chegaron a última hora  deste sábado ao seu fin coa proxección do documental “Pala das cuncas”. 

Dende o venres, sucedéronse varias mesas redondas, ponencias, presentación de contos e diversas proxeccións que tiveron como obxectivo profundizar na figura do propio Manuel Blanco Romasanta, o home lobo de Allariz ou “sacaúntos”. Ademais, o venres inaugurouse a exposición de África Coll. 

Nesta nova entrega das xornadas, tamén se presentou a película Luarada, a cinta sobre este personaxe, e que contou coa presenza do seu director, Óscar Doviso, e do actor Marcos Vázquez.

Te puede interesar