Encontro socialista coa veciñanza de Paderne

Estévez presentará as medidas coas que pretende mellorar o Concello.

Este sábado, día 25 de febreiro, terá lugar un encontro socialista coa veciñanza de Paderne de Allariz na que se presentará o candidato da formación ás vindeiras eleccións municipais: Antonio Estévez. 

Na cita, que terá lugar ás 19,00 horas no Café Bar O Búho, en Saa; estará presente a deputada no Congreso, Uxía Tizón e o secretario provincial do PSOE en Ourense, Rafael Villarino. 

Estévez presentará as medidas coas que pretende mellorar o Concello.

Te puede interesar