ALLARIZ

A feira “Arte de Man" de Allariz reunirá 24 postos

Ourense. 09-09-15. Local. Presentación Feira de artesanía de Allariz. Crus García e Cristina Cid.
foto: Xesús Fariñas
photo_camera Crus García e Cristina Cid amosan o cartel da feira "Arte na man" de Allariz.

A cita terá lugar o 13 de setembro e incluirá o proceso de fundición de prata

Un total de 24 artesáns de toda Galicia daránse cita o vindeiro domingo 13 de setembro no Mercado de artesanía "Arte Man" de Allariz. "Como novidade, este ano vaise poder ver o proceso de fundición da prata e non solo a montaxe final das pezas como tiñamos feito en edicións anteriores", comentaba Cristina Cid, a concelleira de Promoción Económica de Allariz, durante a presentación da feira na Cámara de Comercio de Ourense

Os artesáns, que van a estar ubicados no Casco Histórico da localidade, foron escollidos despois dunha selección entre o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns para comprobar que o producto que se presenta nesta feira é de calidade. "Haberá máis artesáns locais que convidados, pero estamos xa chegando a un equilibrio de practicamente o 50 por cento", comentaba Cristina Cid. O horario da feira é de 10,30 ata as 20,30 horas de forma ininterrumpida e poderán verse diferentes disciplinas de artesanía como a cerámica, esmaltes, bisutería, talla de madeira, encadernación, macramé , cestería, debuxos e gravados. Estes postos de venta de artesáns estarán complementados cunha serie de demostracións.

"Imos ter un obradoiro que van impartir as alumnas da Escola de Cestería de Santa Mariña, que será en dúas tandas, as 12,00 e as 17,00 horas. Tamén haberá unha demostración de talla de madeira cando haxa concentración de moita xente e "os sacadores de fuego van facer unha demostración de bisutería", adiantaba Cruz García, Técnica de Promoción Económica. Con este, xa son 13 os anos de vida desta feira de artesanía, un proxecto posto en marcha polo concello de Allariz e polos artesáns e artistas que se ubicaban na vila.

O obxectivo deste evento é promocionar o traballo dos diferentes profesionais artesáns e, ao mesmo tempo, realizar unha actividade mercantil. "En tódolos eventos que se organizan, hai un gran volumen de xente, o que fai que sigamos con esta política de eventos. Calquera que se achege o domingo de artesanía ata Allariz, verá que a afluencia non solo será nas plazas ou no propio mercado senón que o resto do comercio, que tamén está aberto durante o fin de semana, e a hostelería serán tamén os grandes beneficiarios deste atractivo", comentaba a concelleira de Promocíon Económica da localidade, Cristina Cid. 
 

Te puede interesar