O Festival de Xardíns de Allariz volverá en maio

Os operarios xa iniciaron os traballos.
photo_camera Os operarios xa iniciaron os traballos.
Levará por título "Xardíns da poesía". 

Operarios municipais do Concello de Allariz iniciaron xa os traballos de cara á vindeira edición -a número 11- do Festival Internacional de Xardíns que, se todo vai segundo o previsto, celebrarase no mes de maio. 

Nesta ocasión levará por título "Os xardíns da poesía" e os deseños chegarán dende Arxentina, Italia, Alemaña, China, Madrid, Colombia ou Portugal, ademais dalgunha proposta galega. 

Por outro lado, e como vén sendo habitual, dentro destes 12 espazos, o festival contará co xardín que deseñen os rapaces e rapazas dos centros educativos da vila alaricana. 

O festival irá da man dunha programación que incluirá xornadas, actividades e eventos que formarán parte da axenda deste festival que se viu adiado durante o pasado 2020 por mor da declaración do Estado de Alarma 

A iniciativa preséntase este ano como "o plan perfecto" para a nova normalidade, nun espazo ó aire libre de 37.000 metros cadrados.

Te puede interesar