ALLARIZ

O Festival de Xardíns pecha ca cifra record de 33.000 visitantes

31.10.15.ALLARIZ.O PORTELO.CUSSO XARDINS ECOLOXICOS.
photo_camera Asistentes ó curso de planifi cación dun xardín ecolóxico que se celebrou en Allariz.

O 15 de novembro remata o prazo para presentar proxectos candidatos para a edición do ano 2016

A sexta edición do Festival de Xardíns de Allariz pechou onte as súas portas cun balance "moi bo", segundo sinala Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente alaricano. Según os datos que manexa o Concello e a falta de contabilizar os visitantes que se achegaron ó recinto do Festival, esta edición, desenvolvida baixo o título "A música no xardín", recibiu máis de 33.000 visitantes, á vista do número de entradas vendidas, unhas tres mil máis que na edición de 2014."Naquela cifra non se inclúen os alaricanos e os nenos, que non tiñan que pagar entrada", concreta Bernado Varela.


A partir de agora, a organización do Festival procederá ó reconto dos votos emitidos polos visitantes para decidir cal foi o proxecto gañador desta edición, que terá espazo reservado no recinto para a edición de 2016. Precisamente, ata o 15 de novembro está aberto o prazo para presentar as propostas que pretendar participar na edición de 2016, que se desenvolverá baixo o lema "Os xardíns do futuro".


No contexto do festival, o pasado fin de semana o Centro do Portelo, da vila alaricana, acolleu un curso de planificación dun xardín ecolóxico, no que participaron unha decena de persoas e que foi impartido polo presidente da Asociación Española de Jardinería Ecolóxica, Francisco Marco Rubio.n

Te puede interesar