A incógnita dos Farrumecos de Sobradelo
Ourense é sinónimo de Entroido. Non hai que indagar moito para descubrir personaxes do carnaval que quedaron esquecidos polo paso do tempo, pero que grazas ó labor de asociacións e particulares están saindo á luz. É o caso dos Farrumecos.
A tradición do Entroido na provincia semella ser inabarcable e vai moito máis alá do Triángulo máxico: basta con abrir un caixón de recordos, recibir a tradición oral dos pobos ou procurar nas “hemerotecas” familiares para atopar vestixios dalgún personaxe entroideiro esquecido polo paso do tempo. Se en lugares como Carzoá (Cualedro) ou Laza recuperaban recentemente dous personaxes co mesmo nome, as Madamas -en Carzoá, acompañan ás Madamas os Galáns-, na comarca veciña de Allariz-Maceda, en Xunqueira de Ambía, tamén se abría recentemente o baúl dos recordos para sacar á luz a un personaxe enigmático, o Meco ou Farrumeco.
A cultura popular de Sobradelo rexistra a existencia dun persoeiro coa cara tapada cun pano branco ou carauta para preservar a súa identidade e vestido con cores rechamantes, lazos, capas, panos, gabardinas, colchas ou mandís. O carácter? Un pouco “traste” e supersticioso, pois penduran del cebolas e allos. Ademais, a tradición do Meco ou Farrumeco era pedir polas casas unha esmola en forma de chourizo, sobremesa ou moeda.
Rochi Nóvoa, da Asociación O Sobradelo do Tangaraño, foi unha das promotoras da recuperación do traxe hai menos de cinco anos. Un achado que quedou interrumpido pola pandemia, pero do que xa se fixo unha posta de longo nun desfile en Chantada. “Polo que conta a xente de aquí, do que se trataba ao poñerte o traxe de Meco era de camuflarse dalgún xeito dos Felos -que acudían ata Xunqueira- e tamén da xente, que ninguén te recoñecese. Ás veces facían algunha falcatruada con motivo do Entroido”, conta Rochi, quen lembra como comezou a indagar sobre este personaxe: “Na miña familia temos tradición de Entroido e no pobo sempre se falaba dos Farrumecos. Pensei en evitar que morrese esta tradición”, engade. E é que hai máis de 30 anos que o personaxe do Entroido de Sobradelo deixou de percorrer as casas con motivo do carnaval. “Se non lle dabas a esmola ao mellor levábante o carro das vacas a outro pobo cercano… Eran un pouco trasteiros!”, conta Rochi.
A diferenza de outros personaxes do Entroido, a indumentaria non era común nos Farrumecos -a excepción do pano ou máscara branca da cara, ou os allos- e podían poñerse capas ou mandís.
Na Asociación O Sobradelo, creada hai dous anos, queren impulsar este ano á súa figura e os Farrumecos -actualmente hai 10 traxes- sairán ás rúas nos días centrais do Entroido: este febreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
A Valenzá se llena de cientos de corredores por la III Carreira pola Igualdade en Barbadás
DERROTA EN SEMIFINALES
Alcaraz, sorprendido por Medvedev en Indian Wells: "Nunca le había visto jugar así"