O Lar das Pías, en Xunqueira de Ambía, sumouse aos bonos turísticos

210421 Bono Turístico 1
photo_camera Gabriel Alén, Silvana Gómez e José Luis Gavilanes.
Trátase dun dos 67 aloxamentos de toda a provincia ourensá que se aheriu á segunda convocatoria. 

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, achegouse este mércores ata as instalacións da Casa Rural Lar das Pías, ubicadas no Concello de Xunqueira de Ambía -no termo municipal de Casnaloba- . Trátase dun dos 67 aloxamentos de toda a provincia ourensá que se sumou á segunda convocatoria do bono-tarxeta turística promovida pola Administración autonómica, coa que se pretende fomentar o turismo galego e revitalizar a economía baixo o lema "Quedamos en Galicia". Precisamente, este aloxamento non ten datas dispoñibles proximamente dado o éxito que está a ter a convocatoria. 

Gabriel Alén destacou onte a "boa resposta" dos negocios e o enorme éxito que tivo esta segunda edición entre a cidadanía, que esgotou as tarxetas nas primeiras horas tras abrir o prazo de solicitudes. Nesta convocatoria inscribironse empresas do sector turístico como hoteis, paradores, balnearios, cámpings, aloxamentos de turismo rural, vivendas turísticas, apartamentos ou pensións e axencias de viaxes repartidos por toda a provincia.

Te puede interesar