Medrar en galego celebrarase hoxe en Allariz con varias actividades

O primeiro encontro da xornada será un obradoiro de crianza en galego, que se celebrará no Albergue de Salesianos.

A iniciativa Medrar en galego, que hoxe se celebra en Allariz e que está organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, arrancará a partir das 10,30 horas da mañá en diversos espazos da localidade. Debido ás previsións meteorolóxicas, a Feira Abertos ao Galego terá lugar nos soportais do Instituto de Allariz. 

O primeiro encontro da xornada será un obradoiro de crianza en galego, que se celebrará no Albergue de Salesianos. Ás 10,30 horas, Santiago  Quiroga analizará o uso do galego e as etapas psicoevolutivas. A segunda mesa redonda levará por título “Como enfrontar os problemas” e, a media mañá, será a quenda de “Experiencias nos grupos de socialización”, con María Fernández, Alice Alfonso Crespo e Rute Pallares. As actividades lúdicas serán na Casa da Cultura.  Ás 13,00 horas dará comezo a contada-obradoiro “Luuume!”, ao que seguirán os talleres infantís da escola Estraloques. 

Medrar en galego rematará ás 19,00 horas co concerto de Magín Blanco: Gatuxo.

Te puede interesar