Monólogos, teatro, concertos e o Nadal Parc animarán as festas na vila alaricana

Allariz 2/12/22
Decoración navideña en las calles de Allariz

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Decoración navideña en las calles de Allariz Fotos Martiño Pinal
No eido musical, o domingo 18 de decembro, a escola da Banda Unión Musical de Allariz celebrará un concerto pola mañá na Casa da Cultura da vila. O venres 23, o Campo da Barreira acollerá o concerto de Son da Rúa e dos DJ´s Markox e Paulo Seoane

O Nadal alaricano terá concertos, música de DJ, monólogos, teatro e probas deportivas. Os máis cativos, ademais, gozarán dun espazo único para eles: O pavillón do IES de Allariz acollerá de novo o Nadal Parc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e nos obradoiros que se desenvolverán neste lugar. Neste senso, dende o Concello lembran que as prazas serán limitadas no caso dos talleres, polo que haberá que consultar a disponibilidade previamente. 

Por outro lado, aínda que tamén para os máis cativos, haberá tres citas co teatro durante estas festas. O sábado 17 de decembro, o venres 23, e o 8 de xaneiro terán lugar na Casa da Cultura de Allariz as obras teatrais Quixote, A Tartaruga e Asemblea Xeral, todas elas a partir das 18,00 horas. 

No eido musical, o domingo 18 de decembro, a escola da Banda Unión Musical de Allariz celebrará un concerto pola mañá na Casa da Cultura da vila. O venres 23, o Campo da Barreira acollerá o concerto de Son da Rúa e dos DJ´s Markox e Paulo Seoane -a partir das 23,00 horas-. O ano despedirase en Allariz coa Derradeira Solidaria, que se celebrará na mañá do 31 de decembro. A carreira para adultos comezará ás 11,00 horas, e a infantil ás 11,15 horas. As dúas sairán da praza Maior. 

O 5 de xaneiro, ás 18,30 horas, dará comezo a Cabalgata dos Reis Magos. Por último, o humor chegará o Allariz o sábado 7 de Xaneiro. Farao da man de David Amor, que traerá o seu espectáculo “Love está en el aire” ás 22,00 horas á Casa da Cultura.

Te puede interesar