Mulleres da Área de Allariz claman que o rural é posible

allariz
photo_camera Algunhas das protagonistas do documental posan en Allariz. (MARTIÑO PINAL)

Reivindicar a vida no campo e o empoderamento femenino é o obxectivo de 'Polas bravas', un documental protagonizado por seis mulleres da Reserva da Biosfera Área de Allariz no marco do décimo aniversario das 'Xornadas para a Igualdade' 

Seis mulleres con nome propio –Elsa, Rosa, María José, Maruxa e dous Camen- poñen voz e rostro á vida nun cada vez máis abandonado e envellecido medio rural ourensán. Os concellos da Reserva da Biosfera Área da Allariz son o escenario de "Polas bravas!", un documental da Asociación Avinza presentadono marco das "X Xornadas para a Igualdade" que, ao longo do mes de marzo, celebráronse en Allariz.

A idea do audiovisual naceu desa necesidade de mostrar como viven e que sinten as mulleres do rural dende una perspectiva positiva e optimista "porque moitas veces son os expertos que viven nas cidades os que falan do territorio", explica Eva González, xerente da Asociación Avinza, quen subliña que "o video é un reflexo tamén das diferentes áreas nas que se pode traballar no campo: dende a agricultura ata a creación de leite de burra, mel ou pan", subliña Eva González, xerente de Avinza.

No se pode falar do pasado, presente e futuro do campo sin falar da agricultura e ganadería. Dous eidos onde Carmen Cid (Ecoleia) e Maruxa Reinoso (Hortalizas Corbillón) son expertas veteranas na Reserva da Biosfera alaricana. Ambas mulleres fixeron do campo o seu modo de vida e, a pesar do abandono do agro e do descenso do sector, souperon darlle a volta aos seus respectivos negocios e loitar para que os seus productos (leite ecolóxica e productos de horta) sexan hoxe un referente nas tendas e mercados da provincia.

Un exemplo e filosofía que comparte a recén creada Asociación de productores Ecomeben. "Chegamos a Allariz fai dous anos porque nos gustaba o sitio e o víamos como un lugar axeitado para vivir e traballar do rural", lembra a pontevedresa María José Castro, unha das socias que recoñece que "os inicios son difíciles e as terras levaban 15 anos sin traballar. Pero con tempo e paciencia, vai ir a máis. Esto é un modo de vida", subliña.

Burocracia administrativa

Cos primeiros cordeiros do Rexo chegou Rosa Ferreiro a queixería de Allariz. "Levaba toda a vida traballando no campo, pero a empresa ofreceume a posibilidade de vivir del", lembra esta muller que, aos seu 56 anos, asegura que "será que sempre vivin aiquí, pero non podo concevir nada mellor para crear unha familia e ver crecer aos fillos”.

Elsa Pérez chegou a Allariz no 2008 coa súa familia e un rabaño de burros que simbolizan a súa pasión e o seu modo de vida co centro terapéutico e o taller de creación de xabóns de leite de burra. A cara femenina da Asociación Andrea subliña que o rural e sinónimo de autosuficiencia. "Nunha cidade dependes ao 100% do sistema, no rural eres autónomo física e psicoloxicamente". Esa independencia que acada o ser human e, según Pérez, a que fai que "as administracións fagan cada día máis difícil a vida no rural. Penso que non se está apoiando e cada vez é máis complicado ter animais, vender excendentes ou crear un pequeño negocio".

A burocracia e os problemas para acceder ao crédito son dous das barreiras as que tiveron que facer frente algunhas destas mulleres. Carmen Quintas, de Vilar de Santos, aínda anda nelo. "É complicado porque, non hai traballo e cando te decides a montar algo que é viable, so escoitas “non” dos bancos", lamenta esta xoven nai que non se rinde na súa aposta polo tradicional e persiste co seu proxecto de creación dun forno e panadería.

"Polas bravas!", concluye Eva González, ten tamén ese dobre significado de rememorar as mulleres rurais galegas que levan toda a vida traballando no campo e tamén un grito de rebeldía de unha xeración que vai loitar polo medio rural.

Te puede interesar