Rubén Rial Santos: "A cultura e o cine non poden centralizarse nas cidades, teñen que chegar ao rural"

undefined
photo_camera Rubén Rial Santos.
A organización do Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz, o RiR, quenta motores para unha nova edición: a que terá lugar entre os vindeiros 5 e 10 de setembro e que regresará recuperando gran parte das actividades que deixaron de facerse por mor da pandemia. A finais do pasado mes de maio dábase a coñecer a imaxe da quinta entrega do RiR, obra do ilustrador autodidacta -especializado na elaboración de cómics- Rubén Rial Santos. Trátase dun deseño limpo e cheo de humor. 

É a primeira vez que se encarga de facer un cartel para o RiR, ¿como xurdiu a posibilidade?

A través do creador dos carteis das últimas edicións, David Calviño, que me propuxo. Presenteille o meu traballo á dirección do festival e gustoulle. 

Fáleme do proceso de creación da súa proposta. 

En anos anteriores optouse porque os carteis estiveran protagonizados por actores coñecidos de míticas películas de comedia. A organización quería saír un pouco desa liña e o que se me ocurriu foi poñer a alguén recibindo un “tartazo”. Penso que é unha imaxe moi vencellada tamén ao cine mudo. Completo a creación cunha claqueta de cine. Fixen primeiro un boceto e posteriormente vectoriceino. 

É un deseño limpo. 

Si. Tamén precisaban que así fose por unha cuestión de adaptación ao “merchandising” do festival. É facilmente serigrafiable. 

Que opinión lle merece o RiR e os festivais de cine que se fan dende as vilas e o rural?

É moi importante darlle acceso ao cine e á cultura ás persoas das vilas máis pequenas e do rural. O aspecto cultural e o cine non poden estar centralizados soamente nas cidades. Tamén é importante que haxa diferentes festivais de diferentes xéneros, como no caso do RiR, de comedia.  

É unha das primeiras veces que fai cartelería.  

Cartelería e deseño gráfico fago moi pouco. O que máis fago é ilustración para temas didácticos e históricos. Traballei recentemente nunha exposición dos 100 anos da bandeira galega ou no convento de Santa Clara. 

Como ve o sector do deseño?

Penso que hai oportunidades e unha aposta por deseñadores novos. Creo, tamén, que hai unha boa canteira

Te puede interesar