Suspendido en Molgas o seu obradoiro de Nadal

O vindeiro día 28 de decembro está prevista, por outro lado, a celebración dun contacontos -”Antón e o apalpador”- ás 17,00 horas na carpa instalada na Estación de Ferrocarril, sen embargo, de non chegar novamente ao número mínimo de participantes, o Concello volvería a suspender o evento.

O Concello de Baños de Molgas informou este martes da suspensión do seu obradoiro de decoración de Nadal, enmarcado na súa programación para estas datas e previsto para este xoves, día 23 de decembro. O motivo esgrimido dende o Consistorio foi que non se cumpriu o número mínimo de inscritos para que puidese ter lugar. 

O vindeiro día 28 de decembro está prevista, por outro lado, a celebración dun contacontos -”Antón e o apalpador”- ás 17,00 horas na carpa instalada na Estación de Ferrocarril, sen embargo, de non chegar novamente ao número mínimo de participantes, o Concello volvería a suspender o evento. Recordan que será necesario inscribirse previamente e antes do 24 de decembro en [email protected] para poder acudir. 

Para xaneiro está previsto tamén un concerto da Coral Ansuiña e a visita dos Reis Magos.

Te puede interesar